viernes, 9 de octubre de 2009

XA CHEGA O SAMAÍN...


A noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta e a súa festa en honor dos defuntos, marcando a transición do outono ó inverno.
A antiga festividade céltica do samain foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, nesta data, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e o máis aló, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.


ESTACIÓNS DO ANO CELTA:
O ano celta estaba organizado arredor de catro festas principais. As festas repartíanse tendo en conta a súa natureza e significado orixinal: dúas delas estarían asociadas á apertura e peche das estacións:

Samain, 1 de novembro, comezo do inverno, a estación sombría

Beltain, 1 de maio, o comezo do verán

Había outra celebración central, de equilibrio:

Lugnasad, 1 de agosto, coincidindo coa recollida dos froitos

E unha última festa arcaica, que podería relacionarse co cumprimento dunha cerimonia obrigatoria:

Imbolc, 1 de febreiro, cristianizada posteriormente.
(Recollido en xuvecurtis.com)

No hay comentarios:

Publicar un comentario